DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 25948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se notifica a unha persoa interesada a declaración de utilidade pública do parque eólico Pena Galluda (expediente IN408A/2020/173).

Mediante a Resolución do 14 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgáronse a autorización de desmantelamento das instalacións actuais, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Pena Galluda, sito no concello da Laracha (A Coruña) e promovido por Vento Laracha, S.L. (IN408A/2020/173). Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 36, do 21 de febreiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo indicado sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Núm. parcela

Interesado/a

Concello

Datos catastrais

Lugar

Acto que se notifica

Referencia catastral

3

Herminia Pombo Rey

A Laracha

15042B501005000000AS

Monte Pena Galluda

Declaración de utilidade pública