De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (Boletín Oficial del Estado núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 22 de abril de 2025, do proxecto de Ampliación 7ª da explotación de recursos da Sección A) Castro nº 143, no concello de Vilar de Santos (Ourense) promovido por Arenera Norteña, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
