En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas polo departamento territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas nos anexos emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non facelo, as notificacións teranse por efectuadas ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Infórmase, como consta nas devanditas resolucións que esgotan a vía administrativa, que contra elas poderán interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 14 de abril de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE |
Resolución |
Data da resolución |
|
150009312 |
32829062N |
Desestimación |
22.11.2024 |
ANEXO II
Procedemento BS650G
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE |
Resolución |
Data da resolución |
|
150085924 |
32121856X |
Estimación |
26.11.2024 |
