DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 25953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150111998 e cinco máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanselles os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, no caso de non facelo, as notificacións teranse por efectuadas ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado logo da comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, e co Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Seguridade Social.

A Coruña, 14 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora xeral da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150111998

32658081J

Requirimento de documentación

20.11.2024

150020917

32962071N

Requirimento de documentación

13.11.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150056312

32388821Z

Requirimento de documentación

16.10.2024

150086712

76331209M

Requirimento de documentación

4.11.2024

150054819

X2351635T

Requirimento de documentación

21.10.2024

150008921

35611557J

Requirimento de documentación

13.11.2024