DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 26024

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de San Adrián de Veiga-Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral.

Eu, Jaime Casañas Testart, en calidade de representante da Comunidade de Augas de San Adrián de Veiga-Ortigueira, por medio deste anuncio convoco a asemblea xeral que terá lugar o 1 de xuño de 2025, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, no local social de Veiga, coa seguinte orde do día:

1. Relación e inventario de usuarios e análises para a constitución da Comunidade.

2. Nomeamento de membros para a constitución da Xunta Directiva e do Xurado.

3. Tramitar a solicitude do CIF en Facenda.

3. Encargo e redacción de estatutos.

4. Outros puntos de interese.

5. Rogos e preguntas.

Ortigueira, 30 de abril de 2025

Jaime Casañas Testart
Representante da Comunidade de Augas de San Adrián de Veiga-Ortigueira