No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 85, do 12.4.2025, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión de catro prazas de camareira-limpadora para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, incluídas na OPE do ano 2022 e 2023, con persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda libre.
De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo: https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal
Sarria, 14 de abril de 2025
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde
