DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 26020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do proxecto de expropiación complementaria por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de urbanización exterior do centro loxístico de provisión e distribución de mercadorías para o núcleo histórico de Santiago de Compostela (SU-3, fase 1).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o 24 de marzo de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar o procedemento de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de urbanización exterior do centro loxístico de provisión e distribución de mercadorías para o núcleo histórico de Santiago de Compostela, no ámbito do sistema xeral SU-3, segundo o proxecto de obras aprobado pola Xunta de Goberno o 20.1.2025 (rectificado o 3.2.2025).

Segundo. Consonte o procedemento de taxación conxunta regulado nos artigos 117 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e 291 e seguintes do seu regulamento (RLSG), aprobar inicialmente o proxecto de expropiación complementaria por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de urbanización exterior do centro loxístico de provisión e distribución de mercadorías para o núcleo histórico de Santiago de Compostela (SU-3, fase 1), elaborado polos servizos técnicos municipais en marzo de 2025.

No proxecto de expropiación aprobado figura a seguinte relación de bens e dereitos afectados, na cal tamén se indican as persoas titulares (segundo o Catastro e segundo o Rexistro da Propiedade) e o importe da taxación do solo proposta pola Administración expropiante:

Predio nº

Ref.

catastral

Superficie afectada

Titular

catastral

Titular rexistral

Nº de concentración

Nº de predio rexistral (sección nº 2)

Importe (€)

1

15079A50509024

Concello de Santiago de Compostela

-

-

-

-

2

15079A50501814

799,68

Manuel Domingo Martínez Botana; Florencio Martínez Botana;

Teresa Tomasa Martínez Botana; Jesusa Martínez Botana e

María del Pilar Martínez Botana

Florencio Martínez Botana (20 %);

Manuel Domingo Martínez Botana (20 %);

María del Pilar Martínez Botana (20 %);

Jesusa Martínez Botana (20 %) e

Teresa Tomasa Martínez Botana (20 %)

1196-B

9884

9.135,55

3

15079A50501815

198,48

María Esther Nieto Lemos;

Rocío Botana Nieto; Pablo Botana Nieto

Pedro Botana Nieto

1196-A

9883

2.267,43

4

15079A50501199

91,39

Miguel Chenel Otero

Domingo Antonio Chenel Otero; María Otero Suárez (con carácter ganancial por título de adxudicación en concentración parcelaria)

1199

18895

1.044,04

Terceiro. Someter o proxecto a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, en aplicación do procedemento regulado nos artigos 118.2 da LSG e 293 do RLSG.

Cuarto. Notificar persoalmente as persoas titulares dos bens e dereitos afectados pola expropiación, ás cales se lles dará traslado da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para os efectos de que formulen as alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes.

Os erros que non sexan alegados e xustificados no trámite de audiencia e información pública non darán lugar á nulidade ou reposición das actuacións, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións que procedan (artigos 118.9 da LSG e 293.9 do RLSG).

O acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta levará implícita a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio ou, se é o caso, desde o día seguinte ao da recepción da correspondente notificación persoal, as persoas interesadas poderán consultar o expediente e formular as alegacións que consideren oportunas.

Calquera persoa interesada que poida resultar titular de dereitos de arrendamento ou calquera outro sobre os bens obxecto de expropiación deberá comparecer no expediente acreditando debidamente a súa condición e dereito, co fin de que poida abrirse expediente incidental para determinar a indemnización que, de ser o caso, lle corresponda.

O expediente poderá consultarse na Sección de Expropiacións do Concello de Santiago de Compostela (Casas Reais, 8), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas (cita previa solicitada no número de teléfono 981 54 24 25). Así mesmo, poderá consultarse na páxina web do Concello: https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/expropiacion-complementaria-para-execucion-das-obras-de-urbanizacion-exterior-do

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica