DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 26019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de diversas actuacións relacionadas co proceso de selección para a provisión en propiedade dunha praza de técnica/o da Administración xeral, correspondente ao grupo A, subgrupo A1, nivel 24 de complemento de destino, polo sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 237, do 10 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de técnica/o da Administración xeral, correspondente ao grupo A, subgrupo A1, nivel 24 de complemento de destino, encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público do ano 2023 do Concello de Culleredo, publicada no BOP da Coruña núm. 232 do 5 de decembro de 2023, polo sistema de oposición libre.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 25 de abril de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior