Mediante a Resolución de Alcaldía, do 30 de abril 2025, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de traballador/a social, pertencente á oferta de emprego público de 2025, en réxime de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).
Bóveda, 30 de abril de 2025
José Manuel Arias López
Alcalde
