DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 26017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO da convocatoria dun posto de operario de servizos múltiples da oferta pública de emprego correspondente ao exercicio 2025.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 52, do 18 de marzo de 2025, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover:

Unha (1) praza de operario de Servizos Múltiples, como persoal laboral en réxime persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, pertencente á oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2025.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Barro, 30 de abril de 2025

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde