DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 26016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO da convocatoria dun posto de administrativo/a correspondente á oferta pública de emprego de 2025.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 52, do 18 de marzo de 2025, e no número 62, do 1 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover:

– Unha (1) praza de administrativo/a pertencente á escala da Administración xeral, subescala administrativo/a (subgrupo C1), para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, pertencente á oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2025.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Barro, 30 de abril de 2025

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde