DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2025 Páx. 26007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de abril de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello das Somozas (expediente DH.V15.105250).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Francisco Gómez y Cía, S.L.

NIF: B15009533.

Expediente: DH.V15.105250.

Lugar: Viñas.

Parroquia: Recemel.

Concello: As Somozas.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorremento depuradas.

Caudal máximo anual 1: 44.071,11 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=584.379; Y=4.816.814.

Medio receptor 1: leito innominado (bacía do río Grande de Xubia).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de escorremento xeradas na bacía núm. 1 da explotación son tratadas na balsa de decantación núm. 1, localizada ao oeste, antes da súa vertedura á cuneta da vía de acceso á explotación, pola que discorre ata acabar incorporándose a un leito innominado.

Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escorremento depuradas.

Caudal máximo anual 2: 2.665,75 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=584.379; Y=4.816.814.

Medio receptor 2: leito innominado (bacía do río Grande de Xubia).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais industriais de escorremento xeradas na bacía núm. 2 da explotación son tratadas na balsa de decantación núm. 2, localizada ao norte, antes da súa vertedura á cuneta da vía de acceso á explotación, no mesmo punto que o efluente da balsa núm. 1.

Tipo de vertedura 3: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 3: 78,4 m3/ano.

Punto de vertedura 3: X=583.961; Y=4.816.681.

Medio receptor 3: infiltración no terreo (bacía do río Grande de Xubia).

Tratamento/evacuación 3:

As augas residuais fecais xeradas nas instalacións son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión con prefiltro deseñada para 10 habitantes equivalentes, verténdose o efluente depurado por infiltración no terreo (bacía do río Grande de Xubia) mediante gabia filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras