DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ACORDO do 22 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio de seis expedientes de reintegro de axudas ao estudo, convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo do presente acordo, en aplicación do disposto nos artigos 20 ao 23 da convocatoria do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes das axudas para o curso que se indica.

Segundo. Poñer ao dispor dos interesados os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da citada Lei 39/2015, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes ante este departamento territorial, situado na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo (982 29 49 57-982 29 41 88/89), por algún dos sistemas de rexistro previstos no artigo 16.4 daquela lei.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ditará, de ser o caso, a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do aboamento da bolsa.

Con todo, no caso de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e así darase por concluído o expediente.

Lugo, 22 de abril de 2025

Sagrario Sánchez Ramil
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

Interesado/a:

NIF: 33326460N.

Importe: 153 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2023/24.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado/a:

NIF: 35626971V.

Importe: 13 € máis os xuros de demora correspondentes,

Curso: 2023/24.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado/a:

NIE: Y6521554X.

Importe: 23,56 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2023/24.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado:

NIF: 44661653T.

Importe: 1.826 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2023/24.

Causa: 7.34 non destinar a axuda concedida no citado curso académico á finalidade para a que se lle concedeu ao non xustificar o aboamento dos servizos de reeducación pedagóxica e reeducación da linguaxe.

Interesado/a:

NIF: 34317486Z.

Importe: 446 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2023/24.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesado/a:

NIF: 34325544E.

Importe: 446 € máis os xuros de demora correspondentes.

Curso: 2023/24.

Causa: 7.26 non destinar a totalidade da axuda á finalidade para a que se lle concedeu.