DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS618D (expediente 27007000524).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para notificarlle o requirimento de emenda da solicitude ditado no procedemento instado por ela, ao ser devolto polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoa interesada poderá comparecer, persoalmente ou debidamente representada, nas dependencias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro do acto administrativo que se notifica e do expediente administrativo. Advírteselle que, de non o facer así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, se considerará desistida da súa solicitude, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 7 de abril de 2025

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Número de expte.

Persoa interesada

Acto administrativo e data

BS618D27007000524

32780236S

Requirimento de documentación 11.2.2025