DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26163

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

José Manuel Cal Vázquez, con DNI ***0541**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín, co CIF G-36309839, mediante este anuncio convoco a asemblea xeral extraordinaria o día 8 de xuño de 2025 no local do centro sociocultural de Chaín, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día e aprobación se procede:

1. Perda da condición de comuneiro de usuarios por impago de cotas, aprobación se procede.

2. Aplicación do regulamento no caso de falta ás asembleas, aprobación se procede.

3. Propostas para a execución de traballos comunitarios, aprobación se procede.

Chaín-Ponte Caldelas, 7 de abril de 2025

José Manuel Cal Vázquez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Chaín