DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26162

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión de dous postos de traballo polo sistema de concurso.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 82, do 2 de maio de 2025, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión dos postos que a continuación se relacionan, polo sistema de concurso:

– Un posto de xefatura de sección, departamento de traballo social CPF, adscrito ao Centro Príncipe Felipe.

– Un posto de traballador/a social, adscrito ao Servizo de Igualdade.

O prazo para presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 2 de maio de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. 2025000361, do 20.1.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral