DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2025 Páx. 26161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO do extracto da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de arquitecto/a (A1) incluída na oferta de emprego público de 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 67, do 8 de abril de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases que rexerán a cobertura da seguinte praza vacante, incluída na oferta de emprego público do Concello de Bueu para 2024:

Denominación: arquitecto/a. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo A, subgrupo A1.

Solicitudes: presentaranse no modelo-tipo que figura como anexo I das bases da convocatoria, na forma establecida no artigo 16 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os restantes e sucesivos anuncios publicaranse no taboleiro de anuncios electrónico e na web municipais, agás as resolucións de aprobación da lista provisional e a definitiva de admitidos (que incluirá o nomeamento e convocatoria do tribunal), con publicación tamén no BOP, e a resolución de finalización do proceso e nomeamento da persoa aspirante seleccionada, que tamén se publicará no BOP e no DOG.

Bueu, 8 de abril de 2025

Félix Juncal Novas
Alcalde