DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26517

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de dez postos de supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse pola Resolución LD 1/2025, do 10 de febreiro (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de dez postos de supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Con base no Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde de 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dez postos de supervisor/a de área funcional de gardas xerais, convocada pola Resolución de 10 de febreiro de 2025.

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete (7) días se son de distinta área. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de abril de 2025

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: Elena Bartolomé Vila.

DNI: ***7212**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: Montserrat Blanco González.

DNI: ***7293**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: María Nieves Cardona Baglietto.

DNI: ***0789**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: María Nieves Couñago Bautista.

DNI: ***6577**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: Francisco Javier González Rodríguez.

DNI: ***3091**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: Ana María Gutiérrez Touriño.

DNI: ***1568**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: María Elva Iglesias Lago.

DNI: ***7172**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: María José Laredo Pereira.

DNI: ***0078**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: Saladina Rodríguez Sánchez.

DNI: ***7552**.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de gardas xerais.

Nome e apelidos: María Yolanda Rúa Álvarez.

DNI: ***5101**.