A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), en virtude das competencias atribuídas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto, anuncia a aprobación da convocatoria para a cobertura definitiva dun posto de xefe/a da Unidade de Microbioloxía e Viroloxía existente no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:
|
Posto |
Grupo |
Categoría |
Vacante |
Sistema Acceso |
Unidade de destino no Intecmar |
|
Xefe/a unidade |
I |
10 |
1 |
Concurso-oposición |
Microbioloxía e Viroloxía |
As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias/Default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Vilaxoán, 30 de abril de 2025
Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
