Na sesión que tivo lugar o 23 de abril de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (DOG nº 37, do 24 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. En vista das alegacións presentadas polas persoas candidatas, na sesión do 15 de abril, o tribunal decidiu anular as preguntas 13, 25, 36 e 118. Polo tanto, para a corrección do exame, procedeuse a valorar as preguntas de reserva 181, 182 e 183. Dado que para a parte común do temario só había dúas preguntas de reserva, o total do exercicio valórase cunha pregunta menos.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superaron o primeiro exercicio dezaoito (18) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, unha vez reducido ao 40 % o mínimo de respostas correctas en cada unha das partes, de conformidade coa base II.1.1.1.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025
María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal
