DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26513

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.

En sesión que tivo lugar o 29 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 26 de setembro de 2024 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio da oposición as persoas aspirantes que obtiveron o resultado de apto/a.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025

Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal