DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución de seu expediente, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2024/9237-4 e doce máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 23 de abril de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2024/9237-4

35243259Z

Denegatoria

PR204A 2025/193-4

09740701V

Denegatoria

PR204A 2025/432-4

45873044G

Denegatoria

PR204A 2025/513-4

-

Denegatoria

PR204A 2025/1476-4

35676410Y

Denegatoria

PR204A 2025/2378-4

76898056V

Denegatoria

PR204A 2025/2395-4

35576876Q

Denegatoria

PR204A 2025/2439-4

33251663B

Denegatoria

PR204A 2025/2445-4

76913617F

Denegatoria

PR204A 2025/2455-4

77409257C

Denegatoria

PR204A 2025/2499-4

35463219W

Denegatoria

PR204A 2025/2503-4

36066602A

Denegatoria

PR204A 2025/2547-4

36165302X

Denegatoria