DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación de desmantelamento naval e industrial de Brokenboats, S.L. en Cee, A Coruña (expediente 2024-IPPC-I-151).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada da instalación de desmantelamento naval e industrial situada no porto de Brens (Cee), presentada por Brokenboats, S.L., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente: 2024-IPPC-I-151.

Titular: Brokenboats, S.L.

NIF: B32469389.

Domicilio social: Camiño da Eirexa, Vilar de Ordelles, 4, 32720 Esgos (Ourense).

Localización da instalación: porto de Brens, Cee, A Coruña.

Actividade: desmantelamento naval e industrial.

Categorías da actividade: 5.6 do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Descrición do proceso: as instalacións dedícanse ao desmantelamento de buques e á xestión e aproveitamento das diferentes fraccións de residuos obtidos como resultado da actividade. Realizarán estas actividades para buques de ata 120 metros de eslora e está prevista a recepción buques de diferentes tonelaxes, incluso aqueles de máis de 500 GT sempre que non superen a dimensión de longo indicada.

Verteduras: non se xeran augas residuais industriais derivadas do proceso de desmantelamento. Disporase de redes separativas de augas pluviais e sanitarias. A única vertedura da instalación ao medio será o das augas pluviais, que se canalizarán a un separador de graxas e, unha vez tratadas, verteranse no porto de Brens (Cee). As augas sanitarias serán conducidas á rede municipal de saneamento.