En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA CCH804 en tramo entre apoios núm. 144-B-2 e CT 32AFK1.
Situación: lugar de Cerdedo, concello de Muíños.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución, na LMTA CCH804, do apoio existente núm. 144-B-6 por novo apoio proxectado, de celosía metálica do tipo C-18/1000. Substitución do condutor existente por 127 m de novo condutor LA-56, entre o apoio proxectado núm.144-B-6 e o apoio existente núm.114-B-7CT.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado o 6.2.2025 polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1.534 do ICOIIG.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 15 de abril de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2025/023-3.
Situación: lugar de Cerdedo, concello de Muíños.
Denominación: regulamentación LMTA CCH804 en tramo entre apoios núm.144-B-2 e CT 32AFK1.
Predio núm. en proxecto: 1. Referencia catastral: 32052A005010150000RR.
Lugar: Cruz.
Cultivo: monte baixo.
Titular: CMVMC Santo Tomé e Mota de Calvos.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 144-B-6.
