Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícaselle á persoa interesada nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite por CTC, que se realizará na Casa do Concello de Vigo, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si ou representada por persoa debidamente autorizada, e amosará o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 24 de abril de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/429-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Recuamento LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite por CTC.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
23 |
54057A091002620000AU |
Pousa |
Antonio Castro Alonso |
13 de xuño de 2025 |
12.00 |
