Praza: un/unha (1) técnico/a de sistemas (referencia TSIS-25-INT-2025-02).
Modalidade contractual: contrato temporal de substitución dunha persoa traballadora en excedencia, con dereito a reserva do posto, regulado polo disposto no Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, pola Lei 12/2001, do 9 de xullo, e polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2025
Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro
Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
