DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha (1) praza de socorrista en espazos acuáticos naturais (persoal laboral fixo-descontinuo).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 86, do 14 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:

A) Persoal laboral fixo-descontinuo:

Denominación: socorristas en espazos acuáticos.

Grupo: C2.

Núm. de prazas: 1 socorrista.

Duración do contrato: laboral fixo-descontinuo. A duración do contrato abarcará desde o día 15 de xuño ata o 14 de setembro de cada ano. En calquera caso, a duración será de tres (3) meses.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 15 de abril de 2025

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde