A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do11 de abril de 2025, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira:
– Con cargo a diversas prazas do subgrupo C1 que foron convocadas polo sistema de concurso (tribunal 3), en execución da oferta de estabilización do emprego temporal do Concello de Vigo (expediente 46280-220), de:
Pérez Freire, M.B. (DNI ***0126**) na praza convocada no proceso nº 21-administrativo/a.
Fernández Alonso, F. (DNI ***1816**) na praza convocada no proceso nº 22-mestre/a formación EMAO, debuxo artístico.
Pardo Cartelle, A.C. (DNI ***7332**) na praza convocada no proceso nº 23-mestre/a formación EMAO, serigrafía artística.
De Jesús Fernández, S.M. (DNI ***7121**) na praza convocada no proceso nº 24-mestre/a formación EMAO, ourivaría.
González Pintos, E. (DNI ***7153**) na praza convocada no proceso nº 25-mestre/a formación EMAO, moda e confección.
– Con cargo á praza vacante de oficial de policía local, subgrupo C1, convocada na oferta de emprego público 2023 do Concello de Vigo pola quenda de promoción interna (expediente 46304-220), de:
Toucedo Garrido, E. (DNI ***9130**) na praza de oficial de policía local.
As persoas interesadas deberán tomar posesión dentro do prazo máximo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. De non facelo, procederase a declaralas en situación cesante e consecuentemente decaídas no seu dereito.
A estes nomeamentos dáselles publicidade conforme o establecido nas bases dos procesos selectivos e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 14 de abril de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo da Xunta
de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
