DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2025 Páx. 26583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas para o novo acceso ao colexio Párroco Don Camilo, en San Andrés de Comesaña (expediente 18337/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 31 de marzo de 2025, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación, con carácter definitivo ao «Plan especial de infraestruturas para o novo acceso ao colexio Párroco Don Camilo, en San Andrés de Comesaña», instrumento urbanístico de iniciativa pública promovido por esta administración, conformado pola documentación técnica inserida no rexistro electrónico desta xerencia municipal de urbanismo con data do 11 de marzo de 2025 asociada ao doc. núm. 250054530, que se corresponde coa versión para a súa aprobación definitiva, documentación datada en febreiro de 2025, e cuxos documentos están provistos da sinatura electrónica válida do arquitecto-coordinador dos traballos A.J. S. C.

Segundo. Ordenar a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (o informe ambiental estratéxico foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 197, do 17 de outubro de 2021) e, posteriormente, remitir un exemplar do instrumento definitivamente aprobado en soporte dixital e debidamente dilixenciado á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestrutura, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia. Recibido o certificado de inscrición, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, de conformidade co disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do Regulamento da LSG (Real decreto 143/2016).

Terceiro. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ na epígrafe de Planeamento de desenvolvemento aprobado, e no portal de transparencia.

Cuarto. Remitir un exemplar da documentación aprobada definitivamente, debidamente dilixenciada, aos correspondentes organismos da Administración estatal e autonómica, con competencias sectoriais na materia, en atención as consideracións e/ou observacións realizadas nos nomeados informes sectoriais emitidos e que constan incorporados ao expediente de razón.

Quinto. Perante este acordo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da Lei da xurisidicón contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio doutras accións legais que se consideren convenientes».

Ante a eventualidade de que puidesen existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a publicación deste anuncio servirá de notificación co alcance e finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 7 de abril 2025

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda