De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Mª del Carmen Abelenda Plaza, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 3 de abril de 2025 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 31 de xaneiro de 2025 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 13-28-24-20.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A citada resolución que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación ante, a elección da interesada, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.
O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia situados no polígono das Fontiñas, praza Europa 5A-6º, Santiago de Compostela.
O importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o pagamento no devandito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciada |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Importe sanción |
|
Sanc. 13-28-24-20 8314-JJX PAFIF |
Mª del Carmen Abelenda Plaza |
Estacionamento prohibido. 24.8.2024; 23.55 horas; Baiona (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
