Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que, segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de octubre, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 988 36 91 11.
Para que conste, sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 25 de abril de 2025
José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE |
|
202307046 |
X2688905K |
|
202400020 |
34994841L |
|
202403962 |
44458419V |
|
202404565 |
34639015A |
|
202404860 |
Y6742413T |
|
202406016 |
Z0270981T |
|
202406290 |
44497563S |
|
202406296 |
21075933K |
|
202406685 |
55147010W |
|
202406686 |
55147010W |
|
202407145 |
45147689T |
|
202407261 |
34639015A |
|
202407466 |
X5639429J |
|
202407504 |
78300592J |
|
202407750 |
X7508856T |
|
202407953 |
77323038M |
|
202408308 |
X9511777N |
|
202500156 |
34988775W |
|
202500332 |
34628888L |
|
202500852 |
34923664G |
|
202501366 |
34628888L |
