A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de vinte e dúas prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/ a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez días naturais a partir do día da súa publicación na páxina web.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025
Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto
de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis)
