En cumprimento co establecido no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal, que tivo lugar o 15 de abril de 2025, acordouse, por unanimidade, a liquidación de House Of Malasanta S. Coop. Galega en liquidación (NIF F67976241), co seguinte balance final de liquidación e proxecto de distribución do activo:
|
Conta corrente con socios Tesoureira Total activo |
6.000,00 4.711,79 10.711,79 |
|
Capital social Reservas Resultados negativos de exercicios anteriores Fondo de Educación, Formación e Promoción Total pasivo |
15.000,00 10.486,21 -15.389,73 615,31 10.711,79 |
Acórdase a seguinte distribución do activo:
– O Fondo de Formación e Promoción Cooperativa porase á disposición do Consello Galego de Cooperativas.
– Reintegraráselles aos socios o importe das achegas ao capital social, unha vez aboados e deducidos os beneficios e as perdas de exercicios anteriores.
– O activo será adxudicado aos dous socios por iguais partes.
Vigo, 16 de abril de 2025
Sergio Martín Pérez
Liquidador único
