Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 23 de abril de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Número de expediente |
Número DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00498-I/23 |
52499796L |
Denegación 13.3.2025 |
|
36/00129-I/12 |
36123724Q |
Suspensión 24.3.2025 |
ANEXO II
Procedemento BS650G
|
Número de expediente |
Número DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Resolución e data |
|
36/00416-X/14 |
33215264K |
Extinción 29.1.2025 |
|
36/00044-X/23 |
42034232F |
Desistencia 10.4.2025 |
|
36/00826-X/23 |
X5329246P |
Desestimada 14.3.2025 |
