DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 23 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2015/265-36 e dezaoito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes que se indican no referido anexo, instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación ou por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados no Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que legalmente as representen, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra as resolucións poderán interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 23 de abril de 2025

Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Número de expediente

Interesado/a

Efectos xurídicos

Data da resolución

2015/265-36

39450563C

Mantemento de medida administrativa

4.11.2024

2018/288-36

X8007267R, 39461044J

Mantemento de medida administrativa

21.10.2024

2013/70-36

02271771S, CC42142432

Mantemento de medida administrativa

16.10.2024

2018/206-36

53183251Y

Cesamento de medida administrativa

17.12.2024

2018/304-36

53170237X

Establecemento de medida administrativa

11.12.2024

2010/222-36

39463865M

Mantemento de medida administrativa

28.1.2025

2019/229-36

53171762V

Establecemento de medida administrativa

17.2.2025

2019/230-36

53171762V

Establecemento de medida administrativa

17.2.2025

2024/AC/36/59

X1854547B, 36048674S

Desestimación e arquivamento

25.2.2025

2012/45-36

36132920X, 15493235K

Cesamento de medida administrativa

27.2.2025

2013/99-36

15493235K

Cesamento de medida administrativa

27.2.2025

2024/235-36

N09302633

Establecemento de medida administrativa

28.11.2024

2023/83-36

X8225592X

Establecemento de medida administrativa

24.3.2025

2018/196-36

54659749L

Mantemento de medida administrativa

31.3.2025

2024/211-36

505078822

Mantemento de medida administrativa

3.4.2025

2018/285-36

41678301M

Mantemento de medida administrativa

17.2.2025

2019/131-36

José Luis Riveiro Rojo

Cesamento de medida administrativa

3.1.2024

2019/401-36

José Luis Riveiro Rojo

Cesamento de medida administrativa

3.1.2024

2024/241-36

Ática El Oueryachi

Establecemento de medida administrativa

5.2.2025