DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Santa Comba (expediente DH.A15.106597).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Manuel Varela Pardiñas.

DNI: ***2984**.

Expediente: DH.A15.106597.

Volume total anual: 9.526,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,37 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: pozo.

Lugar: Vilar de Céltigos.

Parroquia: Grixoa.

Concello: Santa Comba.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga mediante un pozo de barrena de 25 m de fondo, dotado de bomba de 1,5 CV e situado na parcela de referencia catastral 15078C503007260000ZM, e a súa condución mediante tubaxe de 25 mm de diámetro para o seu uso nunha explotación gandeira nesta mesma parcela e na 15078C503028360000ZI.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro