DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Rianxo (expediente DH.A15.51644).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de usuarios da traída de augas Fontesanta.

Expediente: DH.A15.51644.

Volume total anual: 12.252,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,24 l/s.

Destino: doméstico e rega.

Orixe: X= 517506, Y= 4728492 (fuso29 ETRS89).

X= 517279, Y= 4728426 (fuso29 ETRS89).

X= 517357, Y= 4728570 (fuso29 ETRS89).

Lugar: Castriño.

Parroquia: O Araño (Santa Baia).

Concello: Rianxo.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento de augas consiste na captación de tres mananciais situados nas parcelas 15073A073000880000FX, 15073A073000910000FX e 15073A073000890000FI no lugar de Castriño, parroquia do Araño (Santa Baia), no concello de Rianxo, con destino ao abastecemento doméstico e rega das vivendas e parcelas dos usuarios situadas nos lugares dos Lemos, As Miráns e Os Xens da parroquia do Araño (Santa Baia), no concello de Rianxo.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro