DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2025 Páx. 26671

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre de 2025.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2025, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2025

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Manzaneda

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Manzaneda para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de adecuación do curro de pastores da Mosenda, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

12.3.2025

42.011,25 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Cerdedo-Cotobade

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de restauración do tallamar sueste na ponte de Pedre, dentro da categoría de promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca.

12.3.2025

69.115,20 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Ordes

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Ordes para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de reforma do local social de Fosado na parroquia de Montaos, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

20.3.2025

38.358,94 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Teo

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Teo para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de rehabilitación da ponte nova de Rarís dentro da categoría de promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca.

20.3.2025

33.647,31 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Coirós

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Coirós para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de mellora paisaxística dos lavadoiros de Barreiro, A Casela e Queirís, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

20.3.2025

30.186,14 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Monterrei

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de acondicionamento interior da antiga escola da Madanela destinada a velorio e sala multiúsos dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

11.4.2025

38.693,11 €

Axencia de Turismo de Galicia e Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Acordo de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a coordinación de actuacións públicas con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia, no marco do PEPAC 2023-2027.

31.3.2025

Sen achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Mos

Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Mos para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de mellora da seguridade, utilización e accesibilidade na Aldea Alfacuca, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

11.4.2025

47.350,57 €