De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da seguinte asociación:
Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica (AEMCH).
Ferrol, 5 de maio de 2025
Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
