DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 27023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 24 de abril de 2025, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 7 de abril de 2025 (expediente LU-S-59/2024).

Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-59/2024, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.

Dado que estes actos non se publican na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os textos íntegros dos actos que se notifican atópanse á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida ao día seguinte do vencemento do prazo.

Lugo, 24 de abril de 2025

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente

LU-S-59/2024

Denunciado

48341118V

Establecemento

Motorhead Rock Bar

Enderezo

Rúa Pasarón y Lastra, 16

Localidade

Ribadeo

Preceptos infrinxidos

Artigo 35.d) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Tipificación da infracción

Artigo 109.6 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Cualificación

Leve

Iniciación

24 de outubro de 2024

Sanción

Multa de cincocentos euros (500,00 €)