DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 27022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de abril de 2025 polo que se notifica o apercibimento derivado do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/25/2017.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 7 de abril de 2025, ditou un apercibimento, como consecuencia de incumprir o ordenado polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística na Resolución do 28 de febreiro de 2018, no expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/25/2017.

Ao non poderse realizar a notificación da resolución á persoa interesada, con DNI número 76489138Q, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A citada persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles a partir de que se produza a notificación para acreditar a reposición da legalidade ou a obtención do título administrativo do órgano autonómico competente en materia de costas.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística