DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 27020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente DH.W15.107141).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Sistemas Energéticos Mañón-Ortigueira, S.A.

DNI: ***5924**.

Expediente: DH.W15.107141.

Lugar: DP-4401.

Parroquia: varias.

Concellos: Mañón e Ortigueira (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Execución das obras reflectidas no proxecto de accesos do parque eólico Coriscada, renovación tecnolóxica.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 2 de maio de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte