De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Pontevedra, 25 de abril de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto de notificación |
|
INC-PO-0010/2025-VNA |
53612929K |
Incoación expediente |
