DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 26986

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 3 do grupo III, controlador/a pecuario/a, axudante/a técnico/a pecuario/a, do persoal laboral da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso na categoría 3 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e segundo a base V.4 da convocatoria, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 3 do grupo III, controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a, de persoal laboral da Xunta de Galicia, ás persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos esixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categ.

Observ.

1

***4194**

Rodríguez Rodeiro, María Isabel

1

MRC992001015060009

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

2

***1716**

Rial Verde, Matilde

2

MRC992001015060008

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

3

***1768**

Villaverde Rodríguez, Ana Belén

9

MRC992001015060007

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

B10//B11

4

***1637**

González Marquina, Benjamín

5

MRC050010432260110

Controlador/a pecuario/a

MR

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Coles

III

3

B10//B11//B18

5

***1960**

Álvarez Castro, Jorge

8

MRC991050132001103

Controlador/a pecuario/a

MR

Servizo de Gandaría (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

III

3

6

***7671**

Iglesias Fernández, María

3

MRC992002015190005

Controlador/a pecuario/a

MR

Area de Carballo

Servizos periféricos

Carballo

III

3

7

***3214**

Mallo Añón, José Manuel

7

MRC991050115001025

Controlador/a pecuario/a

MR

Servizo de Gandaría (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

III

3

8

***2322**

Souto Carballido, Roberto

6

MRC992001015060006

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Arzúa

Servizos periféricos

Arzúa

III

3

9

***6105**

Araujo González, David

4

MRC992003015350005

Controlador/a pecuario/a

MR

Área de Betanzos-Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

III

3