DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 26989

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2.

Unha vez convocados os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2 (DOG núm. 48, do 11 de marzo); para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (DOG núm. 48, do 11 de marzo), e para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 48, do 11 de marzo), e de conformidade co establecido nas bases das ditas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos para o ingreso, pola modalidade específica do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2; corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2 (acceso pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo)

Tribunal titular:

Presidencia: Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría: María Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Laura María González-Dopeso Portela, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: José Antonio Cotelo Veira, persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Vogal: Julia María Villaverde Nimo, persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario (subgrupo A1).

Tribunal suplente:

Presidencia: Víctor Gallego Víncent, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Secretaría: Alba Flavia Nieto Suárez, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Pablo Ribao Fernández, persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Vogal: Blanca Verdía Barbará, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Vogal: Beatriz Villaverde Piñeiro, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).