Con data do 29 de abril de 2025, esta concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda,
RESOLVEU:
«Aprobar a modificación das bases aprobadas o 20.1.2025 e publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o pasado 5 de febreiro de 2025, no seguinte sentido:
Nas bases específicas, no punto 3, dedicado á praza de técnico superior de servizos económicos, na epígrafe IV. Condicións dos aspirantes:
Onde di:
«Ademais das que figuran na base 3ª das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título académico oficial de licenciado ou grao con máster en dereito, ciencias económicas ou empresariais ou equivalente. Nivel MECES 3 (máster)».
Dirá:
«Ademais das que figuran na base 3ª das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título académico oficial de grao en dereito, ciencias económicas ou empresariais ou equivalente. Nivel MECES 2 (grao)».
Vigo, 2 de maio de 2025
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada de Urbanismo e Vivenda
