DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2025 Páx. 27030

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da resolución de recursos contra as bases específicas reguladoras da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022 (terceira fase da convocatoria, expediente 45808/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 73, do 16 de abril de 2025, publicouse a resolución dos recursos de reposición interpostos contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 17 de xaneiro de 2025 (BOPPO núm. 21, do 31.1.2025, e DOG núm. 37, do 24.2.2025) polo que se aprobou a convocatoria e as bases específicas dos procesos selectivos destinados á execución das ofertas de emprego público do Concello de Vigo correspondentes ao anos 2020, 2021 e 2022 (3ª fase) integrada polas prazas seguintes: analista informático, economista, enxeñeiro/a de camiños, enxeñeiro/a industrial, enxeñeiro/a de montes, delineante, diplomado/a en enfermería, inspector/a de control de concesionarias, programador/a informático, técnico/a auxiliar de seguridade e mobilidade, técnico/a de sistemas, técnico/a medio de servizos económicos, técnico/a superior de actividades culturais e educativas e capataz.

Vigo, 16 de abril de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal