De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 29 de abril de 2025 do proxecto de balsa de auga, captación e bombeo para a rega de 52 hectáreas de cultivo de arandos, na parroquia de San Sadurniño, no concello de San Sadurniño (A Coruña), promovido por Nagrinho, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
