DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Tasga Renovables, S.L., para unha planta de produción de hidróxeno verde no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) (expediente 2023-IPPC-I-34).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro de 2016), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción de hidróxeno verde

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Tasga Renovables, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2023-IPPC-34-382

Localización: concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

Expediente: 2023-IPPC-I-34

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade