DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun centro integral de saúde (CIS), no concello da Guarda (expediente 2025AAE2976).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 29 de abril de 2025 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun centro integral de saúde (CIS), no concello da Guarda.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE2976).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade